Comisariado
A exposición máis extensa do mundo medra
As Estrelas do Camiño é unha exposición artística que reivindica o «factor humano» como elemento crucial na preservación do Camiño de Santiago ata os nosos días.

Desde Estrella Galicia queremos renderlle homenaxe a toda unha sociedade que durante xeracións se prestou a axudar, a acoller os peregrinos que día tras día, ano tras ano, pasan por diante das súas casas, das súas rúas, das súas vilas…
Unha tradición que resistiu o paso do tempo e segue aínda vixente. Un xeito de ser, unha filosofía de vida que probablemente sexa a principal causante do recoñecemento e da dimensión internacional que ten o Camiño hoxe en día.
En 2021, abrimos a primeira galería cubrindo as sete últimas etapas do Camiño Francés que percorren unha distancia de 140 km. En cada unha destas etapas, descubriremos unha obra de gran formato a cargo do artista Mon Devane (link bio).
En 2022, abrimos a segunda galería da exposición no Camiño Portugués. Unha nova ruta artística que cobre a distancia entre Porto e Santiago de Compostela ao longo de 10 etapas, 230 km. Como evolución da temática e manténdonos sempre firmes na intención de recoller, documentar e transmitir esas miradas de resistencia, quixemos afondar noutro elemento importantísimo no Camiño de Santiago: o diálogo.
O diálogocomo parte fundamental para relacionármonos os seres humanos. O diálogo como nexo de unión entre as xentes dos dous lados da «raia» e tamén ese diálogo que persoas de diferentes culturas e países comparten no seu percorrido a Santiago e que é unha parte fundamental dentro das múltiples experiencias que ofrece o propio Camiño.
Por todo iso, quixemos que o diálogo estea presente na propia creación da exposición para a cal colaboramos con dous artistas: Lula Goce (Galicia) e Daniel Eime (Portugal), que alternarán as súas intervencións ao longo de toda a ruta e, deste xeito, establecerase unha «conversa» a través das súas obras.

Itinerario
Camiño Português










Itinerario
Camiño Francés







La exposición permite además conocer más a fondo a estas personas y su entorno a través de vídeos documentales disponibles en los hitos situados a pie de cada obra.
