As Estrelas do Camiño
é unha exposición, unha enorme galería artística, con máis de 140 km de percorrido ao longo do Camiño Francés que cobre as sete etapas que van desde O Cebreiro ata Santiago de Compostela.
En colaboración co artista Mon Devane, Estrella Galicia inicia este proxecto co firme propósito de humanizar o Camiño de Santiago dándolle protagonismo a toda unha sociedade, a esas persoas que viven por e para o Camiño. Neste longo percorrido, encontramos innumerables experiencias, pero, sobre todo, tivemos a inmensa sorte de coñecer sete persoas marabillosas coas que compartimos longas conversas e aprendemos unha morea de cousas, non só do Camiño, senón da vida mesma.
Xermán, Mario, Xosé Luís, Isidro, Antón, Maruja e Laurie, moitas grazas por existir.
“A min sempre me gustou facer as cousas coas mans que logo soan.”
“Se queremos deixar unha cultura de vida, un legado importante, temos que conseguir que a terra siga dando froito durante moitos anos.”
“Ir contracorrente pode ser moi estimulante. Pero, ao mesmo tempo, tes que ter unha capacidade de resistencia moito maior.”
“Gustaríame facer un enxame humano. Se todas as persoas amasen as abellas, este mundo sería mellor.”
“O Camiño ten forza e diferénciase doutras rutas porque non cortou o vínculo coa tradición.”
“Aos melindres, como á vida, todo é collerlle o punto; o punto que che gusta e que cada un leva dentro”.
“Tu camino no termina en Santiago, Santiago es donde empieza, y la vida a la que vuelves es realmente tu camino.”