Xermán Arias
Xermán Arias
Xermán Arias (Vilei 1965) Tras recibires unha educación propia no mundo rural da época nunha escola unitaria en Barbadelo, en 1974 pasa a estudar nun colexio de Sarria onde nace unha grande paixón polo fútbol e, sobre todo, pola música.
Casualmente, de Vilei foi tamén o luthier Paulino Pérez que, baixo o patrocinio do Mecenas Antonio Fernández e coa colaboración de Faustino Santalices, funda o Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Lugo en 1951, clave para a recuperación da zanfona en Galicia. En 1986, Xermán empeza a estudar como aprendiz o oficio de luthier neste mesmo obradoiro, que se atopaba baixo a dirección de Jesús e Luciano Pérez, fillo e neto de Paulino respectivamente.
Abre un taller de seu en 1993 e en paralelo, viaxa por longas tempadas a Francia para seguir aprendendo xunto ao seu mestre e grande amigo, Christian Rault, ata que por fin decide instalarse definitivamente en Sarria, onde desenvolve o seu traballo.


Itinerario
Camiño Francés






