Antón Pombo
Antón Pombo
Antón Pombo (A Coruña 1964) Apaixonado desde neno pola Historia, inicia os seus estudos universitarios na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
No 1984 marcha percorrer por primeira vez o Camiño canda uns amigos e é nesa grande aventura cando coñece a Elías Valiña, párroco de O Cebreiro e promotor do renacemento contemporáneo da peregrinación xacobea, con quen comeza a colaborar fundando a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de A Coruña e asistindo ao Congreso de Jaca (1987).
Posteriormente, realiza a súa tese doutoral sobre a Igrexa compostelá de finais do século XIX que inclúe o primeiro rexurdir xacobeo. O proxecto permítelle, ademais de traballar en diferentes arquivos históricos e hemerotecas españolas, viaxar a Roma no 1992 para mergullarse nas súas investigacións durante un ano.
Conta cunha dilatada traxectoria como escritor e periodista e é o autor das guías Anaya do peregrino. Entre tanto, non deixa de percorrer unha e outra vez as sendas do Camiño de Santiago investigando, aprendendo e promovendo a recuperación de rutas históricas como a de Santiago a Fisterra e Muxía e o sentido tradicional da peregrinación fronte á súa deriva turística.


Itinerario
Camiño Francés






