Rocío Díaz Paz
Rocío Díaz Paz
Nacida en Bañobre (Miño-1965), Rocío é un exemplo desa boa xente que podes atopar no Camiño..
Propietaria dunha fábrica de mobles a carón do Camiño Inglés, na parroquia de Bañobre, en Miño, dada a crecente afluencia de peregrinos, habilitou un pequeno espazo na fábrica cunha fonte de auga gratuíta para que estes puidesen descansar e repoñer forzas. Este lugar de repouso foi ganando fama nos foros especializados para peregrinos e xa non só se ofrecía auga, senón tamén algún apósito, algún bocadillo…
Coa pandemia de 2020 e unha forte caída na venda de mobles, Rocío decidiu darlle un xiro á súa vida e converteu ese mesmo lugar onde empezou con aquel pequeno espazo improvisado na tetería do peregrino, un punto de encontro cos mellores almorzos do Camiño Inglés.
As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas