Estrelas
A través da mirada das persoas que protagonizan a exposición, logramos ter unha visión máis ampla do Camiño de Santiago.
As Estrelas do Camiño invítannos a reflexionar sobre o valor humano das xentes que habitan o Camiño de Santiago: un factor fundamental tanto na conservación como no rexurdir da peregrinación.
Camiño INGLÉS
Unha exposición que cobre as seis etapas que van desde Reading ata Santiago de Compostela
O pintor e muralista británico David Speed é o artista invitado para estampar todo o seu talento nesta nova galería. A través da súa obra e da forza que transmite a súa particular paleta de cores, David inmortaliza e pon en valor persoas tan distintas como Heather, Teté, José Carlos, Rocío e Manuel. Convidámoste a descubrir cos teus propios ollos como todas estas Estrelas logran transmitir «algo especial» e se unen e inmortalizan nestes grandes retratos que nos guían nesta ruta do Camiño a Santiago.
Itinerario e etapas
126 km. 6 Etapas. 5 Murais
Camiño Portugués
A galería da exposición no Camiño Portugués que cobre a distancia entre Porto e Santiago de Compostela ao longo de 10 etapas
Como evolución da temática e manténdonos sempre firmes na intención de recoller, documentar e transmitir esas miradas de resistencia, quixemos afondar noutro elemento importantísimo no Camiño de Santiago: o diálogo.
O diálogo como parte fundamental para relacionármonos os seres humanos. O diálogo como nexo de unión entre as xentes dos dous lados da «raia» e tamén ese diálogo que persoas de diferentes culturas e países comparten no seu percorrido a Santiago e é unha parte fundamental dentro das múltiples experiencias que ofrece o propio Camiño. Por todo iso, quixemos que o diálogo estea presente na propia creación da exposición para a cal colaboramos con dous artistas: Lula Goce (Galicia) e Daniel Eime (Portugal), que alternarán as súas intervencións ao longo de toda a ruta e, deste xeito, establecerase unha «conversa» a través das súas obras.
As Estrelas
Coñece os protagonistas homenaxeados no Camiño Portugués.
Itinerario do Camiño Portugués
230Km. 10 Etapas. 9 Murais
Camiño Francés
Unha exposición que mostra o Factor Humano do Camiño de Santiago
Desde Estrella Galicia queremos renderlle homenaxe a toda unha sociedade que durante xeracións se prestou a axudar, a acoller os peregrinos que día tras día, ano tras ano, pasan por diante das súas casas, das súas rúas, das súas vilas… Unha tradición que resistiu o paso do tempo e aínda segue vixente. Unha maneira de ser, unha filosofía de vida que probablemente sexa a principal causante do recoñecemento e da dimensión internacional que ten o Camiño hoxe en día.
As Estrelas
Coñece os protagonistas homenaxeados no Camiño Portugués.
Itinerario do Camiño Francés
140Km. 7 Etapas. 7 murais