Política de confidencialidade
1. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos completos son: HIJOS DE RIVERA S.A.U. con CIF A15002637 e enderezo na rúa José María Rivera Corral 6, 15008, A Coruña.
Identificación do delegado de protección de datos: protecciondedatos@hdriv.es
2. Datos tratados, fins e período de conservación
2.1 Datos tratados: os datos obxecto de tratamento serán diferentes segundo os distintos apartados ou servizos postos a disposición do usuario e segundo os que este utilice, así como os tratamentos adicionais permitidos ou autorizados polo mesmo.
- Datos obtidos do usuario: son os datos facilitados polo usuario no proceso de cubrir os formularios facilitados, como rexistro ou subscrición a boletíns. Estes datos inclúen datos de identificación e de contacto, como nome e apelidos e enderezo de correo electrónico, entre outros. En cada un dos formularios indicarase cales serán obrigatorios e cales son opcionais.
- Datos non obtidos do usuario: durante a navegación poderán facilitarse datos coma os que envía o navegador, a dirección IP asignada polo seu fornecedor ou a información do dispositivo utilizado. Esta información, no caso de que o usuario así o consinta mediante a aceptación das correspondentes categorías de cookies, poderá utilizarse para personalizar o contido e os anuncios mostrados, así como para contribuír á elaboración de perfís sobre os usuarios. En caso de que decidiras rexistrarte utilizando o teu perfil nas redes sociais, estas proporcionarannos datos compartidos con elas, como xeolocalización, características persoais ou circunstancias sociais ou datos académicos e profesionais entre outros, entre os que se atopan os datos identificativos, incluída a imaxe de perfil. É posible revisar a configuración das distintas plataformas sociais en caso de querer revogar os permisos concedidos e, con isto, a información transmitida a través do conector social.
2.2 Finalidades: As finalidades serán as seguintes
- Rexistro: o usuario poderá rexistrarse nun apartado específico, ca fin de xestionar os seus gustos, preferencias e subscricións. En caso de outros apartados atopárense habilitados (tenda, descargas, etc.), co rexistro habilitarase un acceso para xestionalos.
- Contacto: o correo electrónico ou o número de teléfono facilitado para o contacto serán empregados para unha resposta eficaz ás preguntas formuladas.
- Accións promocionais e comunicacións personalizadas: enviadas a través dos medios escollidos polo usuario, xa sexa correo electrónico, sistema de mensaxería, sistemas de notificacións ou similares, que deberán ser verificados ou aprobados previamente polo usuario.
- Creación dun perfil: co fin de determinar cales poden ser os gustos e preferencias dos nosos usuarios, utilizaremos os datos proporcionados para podermos personalizar os nosos produtos e servizos, así como accións comerciais e de mercadotecnia, levadas a cabo incluso naquelas plataformas ou redes sociais nas que o usuario teña presenza. A creación dun perfil non implicará, en ningún caso, a adopción de decisións automatizadas que produzan efectos xurídicos ou que afecten significativamente dun xeito similar ao usuario.
- Promocións e concursos: ao participar nalgunha das nosas actividades ou concursos, trataremos os datos proporcionados segundo as necesidades de cada acción promocional. En cada unha delas publicaranse as correspondentes bases legais, nas que se facilitará información máis detallada sobre o tratamento de datos persoais.
- Compra e venda de produtos (tendas, cursos e entradas): os usuarios poderán acceder á tenda en liña, onde poderán mercar os produtos e/ou servizos dispoñibles. No caso de que o proceso de compra implique a comunicación de datos ao distribuidor, informaráselle durante o proceso de compra.
- Formación: procesaremos os datos dos usuarios que se rexistren na nosa plataforma de formación en liña para xestionar o acceso ao contido dos cursos.
2.3 Conservación. O prazo de conservación será o seguinte
- Rexistro: a información proporcionada na fase de rexistro será conservada mentres o usuario manteña a súa condición.
- Contacto: os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir o propósito previsto.
- Accións promocionais e comunicacións personalizadas: os datos serán tratados dende o momento en que o usuario dea o seu consentimento ata a retirada do mesmo, o que poderá outorgarse cantas veces queira.
- Creación dun perfil: os datos procesaranse desde o momento en que o usuario dea o seu consentimento ata a retirada do mesmo a través dos medios previstos para tal fin.
- Promocións, clubs e concursos: conservaremos os datos mentres dure a actividade e conservaranse durante o tempo estritamente necesario para atender posibles reclamacións ou o período establecido pola lei.
- Compra e venda de produtos (tendas): a información será conservada para o cumprimento das obrigas contractuais, así como as de contabilidade e impostos. Tamén se conservará en previsión de tratar as posibles reclamacións achegadas por clientes e consumidores.
- Formación: gardarase a información para o cumprimento das obrigas contractuais e en previsión de atender posibles reclamacións de clientes e consumidores.
3. Lexitimación do tratamento
Segundo os tratamentos realizados na páxina web, informamos a continuación das bases de lexitimación de cada un deles:
- Execución dun contrato: utilizaranse os datos introducidos no proceso de rexistro, compra de produtos ou intercambio de códigos de acceso a cursos de formación ou aqueles facilitados para a participación nunha actividade promocional.
- Consentimento: obterase debidamente para a elaboración do perfil, o envío de boletíns e novas, así como para dar unha resposta oportuna a todas aquelas cuestións ou preguntas formuladas polos usuarios. O consentimento sempre será revogable e poderá retirarse en calquera momento, a través de mecanismos como as ligazóns situadas na parte inferior das comunicacións, as seccións previstas para o efecto na sección “A miña conta” ou enviando unha comunicación ao correo electrónico de contacto do Comité de Protección de Datos.
- Interese lexítimo: corresponderase co interese lexítimo do Titular a remisión de comunicacións comerciais baseadas nos intereses expresados polo usuario.
4. Exercicio de dereitos
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se están a procesar datos persoais que lles afecten ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación de datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outras razóns, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, en cuxo caso só se conservarán para o exercicio ou defensa de reclamacións.
Para iso, os usuarios poderán enviar unha comunicación por escrito ao Comité de Protección de Datos, rúa José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña ou ao enderezo de correo electrónico protecciondedatos@hdriv.es, incluíndo en ámbolos dous casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación xustificativa equivalente.
Como método de xestión adicional, os usuarios poderán modificar as súas opcións de privacidade desde a sección “A miña conta”, accesible desde calquera sitio web de Hijos de Rivera con inicio de sesión integrado. Tamén poderán xestionar as súas preferencias de privacidade a través das ligazóns ao pé das comunicacións comerciais recibidas.
Aqueles usuarios que o desexen poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, accesible desde https://sedeagpd.gob.es
5. Destinatarios e cesións
Para cumprir os propósitos indicados nesta Política de Privacidade, é posible que confiemos en terceiros, como provedores de servizos tecnolóxicos, provedores de servizos relacionados coa atención ao cliente, mercadotecnia e/ou publicidade, que ofrezan as garantías adecuadas e cos que se asinará un acordo de Encargado do Tratamento. Tamén poderemos comunicar información de usuarios ás empresas encargadas de realizar a loxística ata o punto final, nos casos de compra e venda de produtos, ou aos colaboradores encargados da xestión e entrega de premios no caso de promocións e concursos.
Os datos recollidos poderán ser transferidos a servidores situados en territorios fóra da Unión Europea, con todas as garantías necesarias apoiando esta transferencia na sinatura de SCCs (Cláusulas Contractuais Tipo).
Os datos empregados no proceso de compra da “Tenda Estrella Galicia” deberán ser comunicados a Move (Move Estrella Galicia Digital, SL, B70605043) con enderezo na rúa Jose María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña (A Coruña), a empresa responsable de xestionar e procesar pedidos.