Laurie Dennett
Laurie
Dennett
Laurie Denet (Toronto, 1946) Esta escritora canadense, autora de nove libros e numerosas traducións, nace en Toronto, mais pasa grande parte da súa vida profesional en Londres. Coñece Galicia durante a súa peregrinación desde Chartres, Francia, a Santiago de Compostela, no 1986. Máis tarde, peregrina desde Londres a Roma (1989) e desde Canterbury a Xerusalén (1992). Grazas ás súas retransmisións de radio e os seus artigos de prensa durante aquelas viaxes, fomentou o envío de donativos a asociacións nacionais de Esclerose Múltiple de doce países. Tamén residiu na Confraternidade de Saint James no Reino Unido desde o 1995 ata o 2003.
No 2010 trasládase a vivir preto de O Cebreiro e crea unha réplica do labirinto da Catedral de Chartres no xardín da súa casa, entrando a formar parte da rede internacional de “Quiet Gardens”, espazos privados abertos a calquera persoa para a reflexión e a meditación.
É o primeiro “Xardín tranquilo” de España, que se engade como décimo noveno país con este tipo de espazos. [Non perdeu nin recibiu subvención ningunha polo xardín]


Itinerario
Camiño Francés






