Mon Devane
Mon Devane (Ourense 1985) é un artista urbano que emprega o spray como principal ferramenta en todo o seu traballo artístico desde o ano 2003.
(Ourense 1985)
De profundas raíces graffiteiras, comeza pola vella escola, explorando distintas posibilidades a través de formas, letras… Mais a implacable busca dun estilo de seu lévao cara a unha marcada etapa cuxa obra adquire un carácter realista.
Actualmente a súa pintura céntrase na realización de retratos a través dun estilo fotorrealista e monocromático. Traballa sobre grandes formatos, onde se magnifica cada detalle, buscando transmitir olladas que conten cousas, vidas, tradicións, historias.
Desde o ano 2016, participa nun grande número de eventos e festivais de arte urbano por todo o mundo, plasmando a súa obra en países como Estados Unidos, México, Xamaica, Bolivia, Italia, Francia, Inglaterra… Incluso os Emiratos Árabes.
A obra en detalle
Itinerario
Camiño Francés